Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

EDICTO de anulación do Plan Parcial Monte de Perros.

Acordo do Pleno do concello con data do 23.3.2012 polo que se acorda a publicación da decisión da sentenza pronunciada con data do 18 de decembro de 2008 pola Sección 2.ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo núm. 4273/2006.

A Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Quinta) do Tribunal Supremo con data do 26 de xaneiro de 2012, ditou sentenza no recurso de casación núm. 2260/2009, desestimando os motivos de casación invocados e declarando que non procede o recurso de casación interposto polo Concello de Brión contra a sentenza pronunciada con data 18 de decembro de 2008 da Sección 2.ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta sentenza do TSXG, que devén firme, foi ditada no recurso contencioso-administrativo núm. 4273/2006, e di na súa parte dispositiva:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Veciñal Torres de Altamira contra acordo do Pleno do Concello de Brión do 14.3.2006, polo que se aproba definitivamente o Plan Parcial Monte de Perros e, en consecuencia, anulamos o mencionado Acordo do 14 de marzo de 2006 o cal é contrario a dereito; sen facer especial condena en custas».

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos consonte o previsto no artigo 72 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Brión, 23 de marzo de 2012.

José Luis García García
Alcalde