Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Valdeorras

ANUNCIO de licitación de contrato de xestión de servizo público.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas e técnicas para a contratación en procedemento aberto e tramitación urxente, da xestión na modalidade de concesión do servizo público das piscinas municipais en Sobradelo e explotación do local destinado a bar existente no recinto, anúnciase a licitación do contrato.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión na modalidade de concesión do servizo público das piscinas municipais en Sobradelo, e explotación do local destinado a bar existente no recinto.

b) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2015.

c) Execución de obras: no obxecto do contrato non se inclúe a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Criterios de adxudicación:

Os especificados no prego.

5. Canon de explotación:

Os licitadores proporán o pagamento dun canon anual ao concello non inferior a 500 € anuais máis IVE, así como o sistema que se propoña para a súa revisión anual.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información:

– Concello de Carballeda de Valdeorras.

Estrada de Éntoma, n.º 54.

Sobradelo de Valdeorras (Ourense).

– Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79.

– Correo electrónico: administracion@concellocarballedavaldeorras.com

– Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica, que se acreditarán por calquera dos medios previstos nos artigos 75, 78 e 79 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ao da última publicación do anuncio no perfil do contratante (http.www.depourense.es) no BOP de Ourense ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

10. Apertura de ofertas:

Terá lugar no prazo máximo dos cinco días posteriores ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, logo de notificación aos licitadores en anuncio público con dous días de antelación.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Sobradelo-Carballeda de Valdeorras, 4 de maio de 2012.

M.ª Carmen González Quintela
Alcaldesa