Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17616

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de suspensión cautelar de licenzas en diversos ámbitos das normas subsidiarias municipais.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 8 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para os ámbitos das normas subsidiarias de planeamento municipal de Carballo propostos polo equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal, conforme o previsto no artigo 77.1 da Lei 9/2002.

Esta suspensión extinguirase no prazo dun ano, contado desde a publicación do acordo, e abrangue os seguintes ámbitos:

– Ámbitos dos núcleos rurais do lugar do Ferradal, dos lugares de Mirón e A Rega (na zona próxima á actual rotonda da AC-552 de acceso ao polígono industrial), do lugar do Sixto e do núcleo rural situado a continuación do límite do núcleo urbano de Carballo na estrada de Malpica de Bergantiños (plano n.º 1 da proposta do equipo redactor).

– Núcleos urbanos de Nétoma, Cances e Entrecruces, que se detallan graficamente nos planos 2.1, 2.2 e 2.3 da proposta do equipo redactor.

– Ámbitos de solo urbano de media densidade, detallados graficamente nos planos 3.1, 3.2, 3.3, 3.4, 3.5 e 3.6 da proposta do equipo redactor.

– Ámbitos de solo urbano, segundo se detallan graficamente no plano n.º 4 da proposta do equipo redactor.

Planimetría que consta no expediente: proposta de suspensión de licenzas nas normas subsidiarias e complementarias do planeamento do termo municipal. Fernández Carballada Asociados, equipo redactor. Febreiro 2012:

Planos:

1) Plano n.º 1: termo municipal. Contorno do núcleo urbano de Carballo. Escala S/E.

2) Plano n.º 2.1: termo municipal. Núcleo urbano de Cances Grande. Escala A3 - 1/10.000.

3) Plano n.º 2.2: termo municipal. Núcleo urbano de Nétoma. Escala A3 - 1/10.000.

4) Plano n.º 2.3: termo municipal. Núcleo urbano de Entrecruces. Escala A3 - 1/10.000.

5) Plano n.º 3.1: solo urbano de media densidade na estrada de Sísamo. Escala A3 - 1/3.000.

6) Plano n.º 3.2: solo urbano de media densidade na avenida Razo. Escala A3 - 1/5.000.

7) Plano n.º 3.3: solo urbano de media densidade na estrada de Sísamo-A Pedra Furada. Escala A3 - 1/3.000.

8) Plano n.º 3.4: solo urbano de media densidade na avenida A Revolta. Escala A3 - 1/5.000.

9) Plano n.º 3.5: solo urbano de media densidade na avenida de Bértoa. Escala A3 - 1/3.000.

10) Plano n.º 3.6: solo urbano de media densidade na rúa Berdillo. Escala A3 - 1/3.000.

11) Plano n.º 4: núcleo urbano de Carballo. Escala S/E.

Os planos antes identificados serán debidamente dilixenciados pola Secretaría do concello tal e como constan no expediente, sinalando que forman parte deste acordo plenario de aprobación da suspensión cautelar de licenzas en diversos ámbitos das normas subsidiarias municipais do Concello de Carballo.

Segundo. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Carballo, 11 de abril de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde