Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de maio de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia mediante os que se resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2011003030 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra as presentes resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

anexo

Proxecto: 01126, Reversión Predios Sector 10 Parque Ofimático PXOM da Coruña.

Concello: A Coruña. Provincia: A Coruña.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Piñeiro Rodríguez, Abraham

Piñeiro Rodríguez, Abraham

Almodóvar Melendo, M.ª José, Cores Castro, Luís A. e López Borrazas, Juan R.

Almodóvar Melendo, M.ª José, Cores Castro, Luís A. e López Borrazas, Juan R.

López Barros, Manuel

16.2.2012

16.2.2012

16.2.2012

16.2.2012

1.3.2012

2011003030

2011003035

2011003041

2011003045

2011003016

15-OFRV-077

15-OFRV-082

15-OFRV-088

15-OFRV-092

15-OFRV-063

234.876,48

241.695,54

326.766,67

787.876,80

1.461.011,02