Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1112/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1112/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Muelas Allegue contra a empresa Metalúrgica Donis, S.L., Fogasa, Naval Industrias Fontoira, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión.

Que estimando a demanda formulada por Óscar Muelas Allegue, con DNI: 32819432- L, contra a empresa Naval Industrias Fontoira, S.L., debo declarar e declaro extinguido o contrato de traballo do demandante, por incumprimento grave do empresario, con data de efectos de 13.4.2012, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador a cantidade de 17.189,55 €, en concepto de indemnización pola resolución do seu contrato, máis 4.104,7 € netos polos conceptos que se sinalan no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

E desestimando a demanda formulada por Óscar Muelas Allegue, con DNI: 32819432-L, contra a empresa Metalúrgica Donis, S.L., debo absolver e absolvo a dita codemandada das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta n.º 1531, clave 60, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 300 € na conta n.º 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado ao importe da condena.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Metalúrgica Donis, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

O secretario xudicial