Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17528

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, análise elemental, grupo I, desta universidade.

Por Resolución do 2 de decembro de 2011 (DOG do 22 de decembro e BOE do 5 de xaneiro de 2012), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, análise elemental, da USC, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 10 de febreiro de 2012 (DOG do 24 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www1.usc.es/webpas/

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 11 de xuño de 2012, ás 11.00 horas, na Sala Multiusos da Vicexerencia do Campus de Lugo.

De non cubrirse a vacante por promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral, na que se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do n.º 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela