Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17527

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 618/2011, interposto por Begoña Mejuto Val e Mercedes Pampín González.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 618/2011, interposto por Begoña Mejuto Val e Mercedes Pampín González, contra a inadmisión do recurso de alzada contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso por consolidación de emprego no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, nomeado mediante Orde do 1 de setembro de 2009, pola que se lle dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o cal se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública