Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza a empresa Montajes Lugo, S.L. no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 21/2012, interposto pola empresa Garrido Prol, S.L.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola presente resolución notifícaselle á empresa Montajes Lugo, S.L. o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 21/2012, interposto pola empresa Garrido Prol, S.L.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 21/2012, interposto pola empresa Garrido Prol, S.L. contra a Resolución do 10 de novembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, e recaída no expediente sancionador na orde social n.º 2000/0001-0; acta de infracción n.º 341/1999/2/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza a empresa Montajes Lugo, S.L. para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, se o estima conveniente, poida comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento e se non comparece oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicarlle notificación de ningunha clase.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais