Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dunha subministración, por lotes, de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2012.02.CTB.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: subministración, por lotes, de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita.

Lote 1: subministracións en baixa tensión con potencia contratada ≤ 10 kW.

Lote 2: resto de subministracións.

3. Execución do contrato: dous anos.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: véxase cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 3.988.995,03 €, máis 718.019,10 € (IVE). Total: 4.707.014,13 €.

Lote 1: 114.353,24 € (IVE incluído). Lote 2: 4.592.660,89 € (IVE incluído).

7. Valor estimado do contrato: 8.366.656,29 €.

8. Información adicional para la formulación de las ofertas: segundo o previsto no último parágrafo da cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación, a formulación das ofertas deberá realizarse tendo en conta a Orde IET/843/2012, do 25 de abril, pola que se establecen as peaxes de acceso a partir do 1 de abril de 2012 e determinadas tarifas e primas das instalacións do réxime especial.

9. Garantías exixidas: definitiva 5% do importe de licitación, incluído IVE, de cada lote do que resulte adxudicatario en calquera modalidade do artigo 96 do TRLCSP.

10. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase cláusula 5.3.1. f), g) e h) do PCAP.

11. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o día 11 de xuño de 2012, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación a presentar: a sinalada no PCAP.

12. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, o día 19 de xuño de 2012, ás 10.00 horas.

13. Gastos de publicidade. Custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa /liña de texto: 15,35 €. Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

14. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 2 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar