Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17373

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 447/2012 RF).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

No procedemento de recurso de suplicación 447/2012 RF desta sección, seguido por instancia de Laura Piñeiro Iglesias contra a empresa Cárnicas Varela, S.L. e Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado José Daniel Besteiro López, en nome e representación de Laura Piñeiro Iglesias, contra a sentenza de data 2 de setembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no procedemento 421/2011 sobre despedimento, seguido contra a empresa Cárnicas Varela, S.L., no sentido de condenar a empresa demandada a que indemnice a traballadora, por despedimento improcedente, na cantidade (salvo erro ou omisión) de 7.011,90 euros, condenándoa ao pagamento dos salarios deixados de percibir desde o día seguinte ao despedimento (1.5.2011) ata a data da sentenza que declara extinguida a relación laboral (2.9.2011), 125 días, a razón dun salario diario de 25,97 euros, por importe de 3.246,25 euros; todo iso sen prexuízo da súa obriga de regularizar a súa situación ante a entidade xestora por razón das prestacións por desemprego xa percibidas con anterioridade, que debe deducirse deses salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Industrias Cárnicas, S.L., con último domicilio na r/ Finca de Dopico, 3, Narón, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

O secretario xudicial