Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (283/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 283/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Lombardero Parga contra a empresa Rudimar Burela, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando a demanda presentada por José Antonio Lombardero Parga contra a empresa Rudimar Burela, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 6.978,51 euros, máis os xuros de mora.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal se deberá anunciar tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rudimar Bural, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de abril de 2012.

O secretario xudicial