Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (922/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Tubería y Soldadura Galicia, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 922/2011, se acordou citar a Tubería y Soldadura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na rúa Armando Durán, 1, 4.º de Lugo, o día 22.11.2012, ás 10.30 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de probas de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os autos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Lugo, 16 de abril de 2012.

O secretario xudicial