Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17207

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña

EDICTO (1362/2010).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, anuncio mediante este edicto que no presente procedemento ordinario número 1362/2010, seguido a instancia do Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Santiago González Martín, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o dezaseis de xaneiro de dous mil doce.

Vistos por min, César González Castro, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado co número 1362/2010, en que foron partes:

Demandante: o Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido polo letrado substituto do avogado do Estado Guillermo Díaz.

Demandado: Santiago González Martínez, en situación procesual de rebeldía.

Obxecto: reclamación de cantidade.

Procédese, en nome do rei, a ditar a presente resolución...

Decido que estimo a demanda formulada pola representación do Consorcio de Compensación de Seguros contra Santiago González Martínez e, en consecuencia, condeno este último a que lle aboe ao dito demandante a suma de 12.496,66 euros e os xuros legais da dita cantidade desde a data da presentación da demanda reitora deste xuízo ata a data de sentenza e, desde esta, ao pagamento do xuro anual igual ao do xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos ata o seu completo pagamento.

Procede a condena en costas á parte demandada.

Inclúase a presente no libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso, o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao estar o dito demandado, Santiago González Martín, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

A Coruña, 28 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial