Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación do servizo para a coordinación de seguridade e saúde na obra de acceso da plataforma industrial Salvaterra-As Neves á autovía A-52.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG n.º 44, do 5 de marzo de 2010, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 2.959, onde di: «Resolución do 26 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación do servizo para a coordinación de seguridade e saúde na obra de acceso da plataforma industrial Salvaterra-As Neves á autovía A-52», debe dicir: «Resolución do 26 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación do servizo para a coordinación de seguridade e saúde na obra de acceso da plataforma industrial Salvaterra-As Neves á autovía A-52, cofinanciado nun 65% con fondos Feder 2007-2013».