Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de avaliación do estado de conservación da saboga (Alosa fallax) no río Ulla e postavaliación dos plans de xestión da anguía (Anguilla anguilla) de Galicia Costa e do tramo internacional do Baixo Miño.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 7/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 16734

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: avaliación do estado de conservación da saboga (Alosa fallax) no río Ulla e postavaliación dos plans de xestión da anguía (Anguilla anguilla) de Galicia Costa e do tramo internacional do Baixo Miño.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de novembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 187.881,36 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 187.881,36 €. Importe total: 221.700 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 51.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 11.4.2012.

c) Adxudicatario: Universidade de Vigo.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 159.699,15 €. Importe total: 188.445 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas