Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos das Nogais (Lugo).

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 29/2011.

d) Enderezo de internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17369

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de construción de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos das Nogais (Lugo).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45112330-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 122.605,06 euros.

5. Orzamento base de licitación: Importe neto: 125.605,06 €, importe total: 144.673,97 €.

6. Financiación: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 50.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.4.2012.

b) Data de formalización do contrato: 16.4.2012.

c) Adxudicatario: Calfensa Proyectos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 122.605,06 €, importe total: 144.973,97 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

P.D. (Orde 15.3.3012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas