Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción dunha instalación de centro verde no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Para os efectos do disposto no artigo 138 artículo da Lei 30/2007, do 30 de outubro, da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 16/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16288

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de construción dunha instalación de centro verde no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

– DOG n.º 112, do 13 de xuño de 2011.

– Corrección de erros, DOG n.º 120, do 23 de xuño.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 829.285,03 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 829.285,03 €; importe total: 978.556,34 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.4.2012.

b) Data de formalización do contrato: 16.4.2012.

c) Adxudicatario: UTE San Cibrao (Vipeca Obras e Servicios, S.L.-Construcciones Rodríguez, S.L.).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 715.258,34 €; importe total: 844.004,84 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas