Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17104

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se regulan os criterios de repartición e a convocatoria de subvencións de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva, destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, do Fondo de Compensación Ambiental.

A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e, polo que aquí respecta, foi modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola disposición derradeira segunda da Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Tal canon, na súa calidade de prestación patrimonial de dereito público de natureza extrafiscal e real, ten como obxectivo contribuír a regular na nosa comunidade autónoma o ambiente na súa consideración de ben protexido.

Establece o artigo 9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que os ingresos derivados do canon, deducidos os custos de xestión, se destinarán á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales serán principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Establece tamén que será beneficiaria o conxunto da sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Por outra banda, o artigo 23 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, procede á creación do Fondo de Compensación Ambiental, que se financiará cos ingresos obtidos do canon eólico e ten como obxectivo a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Ademais, este Fondo de Compensación Ambiental regularase segundo as disposicións previstas no capítulo II da Lei 8/2009 e as ordes que, para a súa regulación, dite esta consellaría con competencias en materia de réxime local.

Na mesma liña, os artigos 10 e 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, establecen que para a determinación das actuacións se observará o establecido pola orde de regulación do Fondo de Compensación Ambiental.

No eido do destino do Fondo, como novidade para 2012 introdúcese a realización doutras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, así como a elixibilidade dos custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

Por último, como novidade incorpórase por primeira vez a posibilidade de que participen as mancomunidades de concellos e os consorcios locais e que os concellos poidan solicitar de forma conxunta a subvención da liña competitiva, aumentando de forma considerable deste xeito o importe máximo subvencionable en relación á solicitude individual. Para os concellos con asignación directa que igualen ou superen os 50.000 euros posibilítase que destinen ata o 20% a xestión compartida con outros municipios limítrofes.

Neste senso, o artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e, no mesmo sentido, o artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, permiten que os municipios presten por si ou asociados servizos.

O actual escenario de crise económica que afecta tamén os concellos obriga a impulsar medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, co obxecto de poder continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades, sendo preciso minimizar custos e xestionar de forma compartida para actuacións públicas.

Incorporarase no portal eidolocal.es un ou varios modelos de convenio para a xestión compartida de servizos que ten carácter orientativo en relación ao que poidan formalizar os concellos e sen prexuízo de que os concellos poidan realizar de forma compartida outras actuacións a través do instrumento xurídico que entendan oportuno.

Así, o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza atribúe á Dirección Xeral de Administración Local as relacións coas entidades, así como as convocatorias e propostas de adxudicación de axudas e subvencións ás entidades que sexan competencia desa dirección xeral.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión corresponde á dirección xeral competente en materia de réxime local de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Convócanse subvencións para o ano 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida nos termos do artigo 8.2. desta orde, e tamén en concorrencia competitiva para as mancomunidades de concellos, consorcios locais e para os concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas á realización de actuacións que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

3. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, custos de execución de obras, equipamentos e instalacións.

b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

Considéranse tamén gastos subvencionables:

d) Os contratos de subministración para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

e) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a axeitada preparación ou execución desta.

f) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

g) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

4. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

1. Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

2. Actuacións de impulso da eficiencia e da utilización sustentable das enerxías renovables.

3. Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas tamén as que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nos números 1, 2 e 3 da alínea cuarta anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

b) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.

c) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental, en particular aquelas actuacións destinadas á prevención de incendios forestais.

d) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

e) Proxectos de eficiencia enerxética.

f) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

Artigo 2. Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, executados con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Poderán financiarse os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural en que tivese incorrido a entidade solicitante como consecuencia da realización de actuacións acordes coa presente orde de convocatoria e que se teñan efectuado con anterioridade á súa publicación, sempre que se trate de gastos correspondentes ao actual exercicio económico, sen prexuízo do deber do cumprimento de todas as obrigas e os trámites determinados na orde e demais lexislación vixente.

Artigo 3. Custos de funcionamento dos servizos dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural.

Para os efectos desta orde considéranse custos de funcionamento dos servizos, os dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, sempre que se acredite mediante certificación emitida pola secretaría do concello, mancomunidade ou consorcio solicitante a vinculación do gasto co servizo ou servizos que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

Artigo 4. Liñas de subvención, beneficiarios, xestión compartida e exclusións.

1. Esta orde reguladora da convocatoria de subvencións e dos criterios de repartición do Fondo de Compensación Ambiental inclúe, segundo o principio de economía procedemental, dúas liñas de subvención coa mesma causa e finalidade, isto é, o cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta orde de convocatoria:

a) Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva: os concellos cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, polos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V-A e no anexo V-B desta orde.

a.1) Os concellos relacionados no anexo V-A e no anexo V-B que formulen petición de maneira individual.

a.2) Os concellos relacionados no anexo V-A e no anexo V-B que formulen petición de subvención de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos, nos termos do artigo 8.2.

b) Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

b.1) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b.2) Os concellos de Galicia que formulen petición de subvención de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos.

b.3) As mancomunidades de concellos de Galicia.

b.4) Os consorcios locais de Galicia.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Artigo 5. Modelos de convenio.

A consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do portal dos concellos Eido Local, publicará un ou varios modelos de convenio relativos á xestión compartida, de forma conxunta, agrupada ou asociada, que terán carácter orientativo.

Nos supostos de solicitudes conxuntas de asociacións ou agrupacións de concellos, o convenio deberá achegarse xunto coa documentación xustificativa.

Os concellos agrupados ou asociados poderán presentar o convenio xunto coa solicitude e neste suposto xa non será exixible coa documentación xustificativa da subvención.

Artigo 6. Información relativa á orde de convocatoria.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Administración Local, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.es) ou na web www.eidolocal.es

b) Nos teléfonos 981 54 62 11, 981 54 62 12, 981 54 74 02.

c) No enderezo electrónico administracionlocal@xunta.es

Artigo 7. Requisitos e remisión da conta xeral ao Consello de Contas.

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións todos os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia que cumpran, ademais, co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2010 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupamento de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude supoñerá a inadmisión desta.

2. As solicitudes presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Só poderá presentarse unha solicitude por entidade dentro de cada unha das dúas liñas de subvención previstas, se ben cada solicitude, individual ou conxunta, poderá incluír máis dunha actuación. Exceptúase deste requisito o suposto regulado no artigo 8.2 para a liña en concorrencia non competitiva.

b) Na liña non competitiva só poderán presentarse solicitudes individuais, coa única excepción recollida no artigo 8.2.

c) Na liña competitiva, a solicitude poderá ser individual de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais, ou conxunta mediante a participación dos concellos en solicitudes conxuntas de agrupacións ou asociacións de concellos.

A presentación dunha solicitude individual dun concello exclúe a participación nunha solicitude de mancomunidades, de consorcios locais ou nunha conxunta de asociacións ou agrupacións de concellos ou viceversa, de modo que a participación dun concello en máis dunha solicitude, individual ou conxunta, será causa de inadmisión de todas as solicitudes en que aquel participe.

Para estes efectos, as solicitudes presentadas por mancomunidades de concellos ou consorcios locais irán acompañadas dunha certificación da súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros desa mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto para o cal se solicita subvención ao abeiro desta orde.

Aqueles concellos da mancomunidade ou consorcio que non participen no proxecto poderán formular a súa propia solicitude individual ou ben participar nunha asociación de concellos, coas limitacións e requisitos establecidos nesta orde.

d) Os orzamentos máximos do proxecto ou actuacións solicitadas serán os establecidos no artigo 11.

e) O orzamento para gastos de funcionamento non será superior ao 33% do orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención. En caso de presentar solicitude de subvención só para gastos de funcionamento, observaranse as cantidades máximas establecidas no artigo 11.

f) Que a entidade solicitante teña a dispoñibilidade dos terreos e predios sobre os cales se pretende realizar as actuacións. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

g) Que existe acordo da mancomunidade, do consorcio, do concello ou de cada un dos concellos asociados polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nelas. Este acordo deberá estar adoptado antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

3. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, inadmitirase a solicitude no tocante aos referidos gastos, de superarse as cantidades ou porcentaxes máximas establecidas no artigo 11.

4. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste artigo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.

Artigo 8. Liña non competitiva e competitiva. Beneficiarios agrupados ou asociados para solicitudes de xestión compartida.

1. Dentro da liña en concorrencia competitiva, nos termos descritos na presente orde, os concellos poderán presentar solicitudes conxuntas de subvención que se desenvolvan ou vaian desenvolver mediante fórmulas de xestión compartida, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o o desenvolvemento de novos proxectos.

Segundo se prevé no artigo 7.2.c), na liña en concorrencia competitiva, a inclusión dun concello nunha solicitude de xestión compartida, sexa nunha asociación de concellos sexa mediante a participación na solicitude presentada pola mancomunidade ou do consorcio de que forme parte, exclúe a posibilidade de presentar unha solicitude individual e de participar con outros concellos noutra solicitude.

2. Dentro da liña en concorrencia non competitiva, todos os concellos consignados nos anexos V-A e V-B cun importe igual ou superior a 50.000 €, poderán destinar ata o 20% da cantidade sinalada nos referidos anexos a solicitudes conxuntas de subvención con concellos limítrofes que reúnan estes mesmos requisitos. Para tal fin, deberán subscribir a correspondente solicitude conxunta, nos termos descritos na presente orde, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o desenvolvemento de novos proxectos.

Quedan excluídos desta posibilidade aqueles concellos que teñan aprobada una programación plurianual e aqueles que non compartan estremas con algún concello dos relacionados nos anexos V-A e V-B cun importe igual ou superior a 50.000 euros. Para a determinación individual do límite dos 50.000 euros e do 20% tomarase como referencia a suma das cantidades establecidas en ambos os anexos.

A referida porcentaxe do 20% destinada a xestión compartida computará para os efectos de determinar o límite máximo do 33% que se pode solicitar de gasto corrente.

3. No caso de solicitudes de concellos asociados ou agrupados para a realización dun proxecto común, os concellos integrantes nomearán un/unha alcalde/sa como representante único que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e que será quen reciba e xustifique a subvención.

Artigo 9. Crédito.

1. Os ingresos obtidos ata o 5 de marzo de 2012 pola aplicación do canon eólico ascenderon a 22.965.700 euros, e os gastos de xestión deste recurso tributario elévanse ao 1%, o que equivale a 229.657 euros, polo que a asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2012 establécese en 22.736.043 euros.

2. Segundo o establecido no artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a lei anual de orzamentos poderá establecer criterios específicos de afectación do Fondo de Compensación Ambiental, sempre e cando a súa aplicación non comprometa máis do 50% da dotación, polo que o Fondo de Compensación Ambiental, deducidos tanto os gastos de xestión como o establecido no artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, resulta un total de 11.368.021,50 euros.

O importe resultante distribúese do seguinte xeito:

1. Para o financiamento da convocatoria de subvencións recollidas nesta orde destínase un total de 9.910.179,50 €, coa seguinte distribución:

Descrición

05.03.141A.461.0

05.03.141A.761.0

Totais

Liña en concorrencia non competitiva (artigo 4.1.a)

2.587.291,54 €

5.252.985,86 €

7.840.277,40 €

Liña en concorrencia competitiva (artigo 4.1.b)

683.067,69 €

1.386.834,41 €

2.069.902,10 €

Totais por aplicación orzamentaria

3.270.359,23 €

6.639.820,27 €

9.910.179,50 €

2. Ao abeiro do previsto no artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco, destínanse 1.457.842,00 € coa seguinte distribución:

Centro xestor

Descrición

Aplicación

Importe

D.X. Administración Local

Fondo de Compensación Ambiental. Outras actuacións

05.03.141A.461.0

700.000,00 €

D.X. Emerxencias e Interior

Convenio Red.es

05.05.212A.626.0

360.000,00 €

D.X. Emerxencias e Interior

Convenio Red.es

05.05.212A.640.1

90.000,00 €

D.X. Emerxencias e Interior

Consorcios Provinciais contra Incendios

05.05.212A.442.1

241.135,00 €

D.X. Emerxencias e Interior

Convenio Fegamp funcionamento Grumir

05.05.212A.460.1

66.707,00 €

Total

1.457.842,00 €

3. O importe do crédito destinado á liña en concorrencia competitiva do artigo 4.1.b) increméntase coa incorporación de 481.098,24 € procedentes do saldo de crédito do orzamento 2011, dentro da aplicación 05.03.141A.761.0, polo que a distribución final do crédito destinado á convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental, que ascende a 10.391.277,74 €, é a seguinte:

Descrición

05.03.141A.461.0

05.03.141A.761.0

Totais

Liña en concorrencia non competitiva (artigo 4.1.a)

2.587.291,54 €

5.252.985,86 €

7.840.277,40 €

Liña en concorrencia competitiva (artigo 4.1.b)

683.067,69 €

1.867.932,65 €

2.551.000,34 €

Totais por aplicación orzamentaria

3.270.359,23 €

7.120.918,51 €

10.391.277,74 €

Artigo 10. Distribución orzamentaria do crédito.

1. A axuda económica que se conceda será en función das solicitudes presentadas en cada unha das liñas de subvención e segundo a seguinte distribución orzamentaria inicial:

a) A liña de subvención non competitiva, isto é, destinada aos concellos de forma individual ou conxunta segundo o establecido nesta orde, cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e igualmente polos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, con cargo ás aplicacións 05.03.141A.761.0 e 05.03.141A.461.0, polo importe de 7.840.277,40 euros, percibirán unha axuda en réxime de concorrencia non competitiva conforme os seguintes criterios e para actuacións segundo o exposto nesta orde.

1. Os concellos que teñan instalados aeroxeradores dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 6.472.000 euros segundo o anexo V-A, repartidos de xeito proporcional con base no número de aeroxeradores.

2. Os concellos afectados por instalacións de conexión ou vías de evacuación dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 1.368.277,40 euros segundo repartición do anexo V-B. Os importes individuais determínanse de xeito proporcional con base no número de metros de instalación de conexión e vías de evacuación, establecendo un importe mínimo de 2.000 euros.

b) Para a liña de subvención competitiva, isto é, destinada a todos os concellos de Galicia, de forma individual, agrupados ou asociados, ás mancomunidades de concellos e aos consorcios locais, convócase un procedemento en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2012 e para actuacións segundo o exposto nesta orde, polo importe total de 2.551.000,34 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.03.141A.761.0 e 05.03.141A.461.0 consonte a distribución inicial indicada no artigo 9 desta orde.

2. Considerando que segundo a regulación contida na Lei 8/2009, do 22 de decembro, resultan elixibles tanto os gastos de investimento como os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, é preciso situar créditos no capítulo IV e no capítulo VII.

Asemade, non é posible coñecer de antemán os importes que cada entidade poderá solicitar con cargo a cada capítulo e, por outra banda, os expedientes na liña non competitiva se resolven segundo se completan, o que impide esperar a unha única resolución, polo cal as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo. A súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde, que deberán recoller os importes parciais das subvencións concedidas, clasificados con base no orzamento achegado por cada entidade como parte do proxecto ou anteproxecto que fundamenta a resolución de concesión.

O previsto nesta alínea requirirá, de ser o caso, da tramitación previa das preceptivas transferencias de crédito. No suposto de que polas características dos proxectos presentados as actuacións que se deban executar para o cumprimento da finalidade do Fondo de Compensación Ambiental e do programa orzamentario previsto exixan a adecuación da natureza económica do gasto, poderán tramitarse cantos expedientes sexan necesarios de transferencias de crédito que atinxan aos capítulos IV e VII, consonte o previsto no artigo 9.un.e) da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2012.

Por outra banda, segundo o establecido no artigo 9.7.f) non é de aplicación o límite do 20% de diminución das consignacións iniciais ao nivel de vinculación legalmente establecido ao tratarse dunha orde de convocatoria de subvencións que asigna o gasto a diversas aplicacións orzamentarias sen que sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.

4. De se producir un incremento da recadación efectiva do canon eólico, poderase ampliar o crédito dispoñible para a liña competitiva de subvención, sen que neste caso haxa que realizar unha nova convocatoria e sen prexuízo da publicación da ampliación de crédito, nos termos previstos no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. No suposto de que algún concello dos relacionados nos anexos V-A e V-B non presentasen a solicitude de subvención, non cumprisen os requisitos da convocatoria ou fosen declarados desistidos da súa solicitude, a cantidade que teñan asignada pasará a incrementar o importe total da liña de subvención competitiva.

Non obstante, tamén se poderá dedicar a cubrir outras necesidades dos concellos relacionadas coa finalidade do Fondo de Compensación Ambiental.

Artigo 11. Orzamentos máximos e límite de gastos de funcionamento.

1. Na liña non competitiva non se sinala un límite para o orzamento total das actuacións, pero a cantidade destinada para gastos de funcionamento non poderá ser superior ao 33% da suma das cantidades consignadas para cada concello nos anexos V-A e V-B desta orde, incluído o 20% establecido no artigo 8.2.

2. Na liña competitiva, os orzamentos máximos das actuacións para as cales se solicita subvención e os límites de gasto de funcionamento serán os seguintes:

a) Solicitude individual: o orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención non poderá ser superior a 40.000 €, sen que os gastos de funcionamento poidan representar máis do 33% do total. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, o orzamento total non poderá ser superior a 13.200 €.

b) Solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos: o orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención conxunta non será superior a 150.000 €, co límite do 33% do orzamento total destinado a gastos de funcionamento. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, o orzamento total non poderá ser superior a 49.500 €.

Artigo 12. Importes máximos subvencionables e límite de subvención de gastos de funcionamento.

1. Para aqueles proxectos subvencionados consonte a liña de subvención de natureza non competitiva, con independencia do custo total do proxecto e de que a solicitude sexa individual ou conxunta cando proceda, a cantidade máxima subvencionable a tanto global por concello segundo esta orde será a establecida no anexo V-A e no anexo V-B. A subvención concedida a cada concello para gastos de funcionamento non poderá superar o 33% da cantidade total preasignada para o concello nos anexos indicados. Na determinación deste límite do 33% incluirase, de ser o caso, o 20% da solicitude conxunta.

2. Para aqueles proxectos subvencionados consonte a liña de subvención de natureza competitiva, establécese unha porcentaxe máxima de subvención segundo a modalidade de solicitude:

1. Solicitude de mancomunidades, de consorcios ou de concellos asociados ou agrupados: a porcentaxe máxima de subvención será do 80% do orzamento presentado co límite de 120.000 euros. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, o importe máximo da subvención será de 39.600 €.

2. Solicitude individual dun concello: a porcentaxe máxima de subvención será do 80% do orzamento presentado co límite de 32.000 euros. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, o importe máximo da subvención será de 10.560 €.

Artigo 13. Redución proporcional.

Segundo o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 41 Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o beneficiario está obrigado a cumprir ou obxectivo, executar ou proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións nos termos establecidos nas bases reguladoras e na resolución de concesión.

a) Na liña en concorrencia non competitiva: segundo o artigo 21.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a subvención fíxase como a achega pública como un importe certo e sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total, polo que se entenderá que queda por conta do beneficiario a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada, debendo ser reintegrado en tal caso o financiamento público unicamente polo importe que superase o custo total da actividade. Todo iso sempre que non supoña unha execución deficiente do proxecto.

b) Na liña en concorrencia competitiva: as entidades beneficiarias estarán obrigadas a executar o proxecto presentado; en caso contrario procederase á aplicación do artigo 60 Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o pagamento se realizará pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade.

Todo iso sempre que non supoña unha execución deficiente do proxecto.

Artigo 14. Iniciación.

1. Os concellos, de forma individual, asociados ou agrupados, segundo proceda, as mancomunidades de concellos e os consorcios locais que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán solicitude dirixida á persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o modelo correspondente que figura como anexos I ao IV desta orde, na Oficina de Rexistro Único e Información, nos rexistros das delegacións territoriais, ou por calquera dos medios a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Aqueles concellos acollidos á liña de subvencións de natureza non competitiva que desexen concorrer á liña de subvencións de natureza competitiva deberán presentar unha solicitude para cada unha das liñas de subvención e xuntar a cada solicitude a correspondente documentación exixida polo artigo 15 e seguintes desta orde. A inobservancia deste requisito poderá supoñer a inadmisión de ambas as solicitudes.

2. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último do mes.

3. Así mesmo, de acordo co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, os interesados poderán presentar electronicamente as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://www.xunta.es/sede-electronica, e no mesmo prazo que o estipulado para a tramitación ordinaria, ben que o resto da tramitación transcorrerá pola vía ordinaria.

Igualmente, as entidades interesadas e que teñan asinado o correspondente convenio de colaboración para a implantación do portal dos concellos Eido Local poderán presentar as súas solicitudes a través de medios telemáticos manifestando esta opción de forma expresa na súa solicitude, cando cubran os modelos normalizados que se poñen á disposición dos interesados no portal dos concellos Eido Local (http://www.eidolocal.es), segundo o procedemento que se recolle nas instrucións dispoñibles nesta web e no mesmo prazo que o estipulado para a tramitación ordinaria, ben que o resto da tramitación transcorrerá pola vía ordinaria.

Artigo 15. Documentación que se presentará na liña en concorrencia non competitiva.

1. Solicitudes individuais:

O concello peticionario xuntará a seguinte documentación:

1.1. Documentación xeral obrigatoria:

a) Anexo I cuberto, onde de forma específica estableza o importe total que dedicará a gasto de investimento e a gasto de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

b) Certificación do acordo da entidade polo cal se solicita subvención para:

1. Os gastos de funcionamento de servizos, de ser o caso.

2. As obras ou equipamentos concretos, de ser o caso, que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

No referido acordo deberá constar que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde. O acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

c) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo VII).

d) Certificado do/a secretario/a do concello da remisión das contas do concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2010, a que fai referencia o artigo 7 desta orde, emitido segundo o modelo do anexo VIII desta orde. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. Deberá constar a data de remisión ao Consello de Contas.

e) Certificación expedida polo/a secretario/a do concello, segundo o modelo do anexo VI desta orde, referida á disposición do concello sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que o concello, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa ten a dispoñibilidade sobre eles.

f) O Concello solicitante deberá remitir cuberto xunto coa documentación sinalada anteriormente o anexo IX relativo á estimación directa e indirecta do número de empregos externos xerados coa actuación solicitada, especificando o número de contratos e a duración de cada un.

1.2. Documentación específica para gastos de funcionamento: de solicitar este gasto, ademais, achegará:

1. A certificación de secretaría do concello beneficiario a que se refire o artigo 3 referida a vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

2. Memoria explicativa da necesidade dos gastos de funcionamento dos servizos para os cales se solicita subvención co seguinte contido mínimo:

a) Relación e descrición do servizo: funcións, medios e orzamento.

b) Relación detallada dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

Esta memoria deberá ir asinada polo representante do concello.

1.3. Documentación específica para gastos de obras ou equipamentos: de solicitar este gasto, ademais, achegará:

1. Memoria explicativa da necesidade das obras ou equipamentos para os cales se solicita subvención. Esta memoria debe ir asinada polo representante da entidade solicitante.

2. Proxecto ou anteproxecto da obra que se vai realizar. O contido mínimo do proxecto será o seguinte:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado.

– Planos a escala suficiente.

3. Equipamento: memoria detallada e valorada economicamente, no caso de solicitar equipamento.

2. Solicitudes conxuntas de concellos asociados ou agrupados para os efectos do artigo 8.2 desta orde:

Os concellos que presenten solicitude conxunta segundo o establecido no artigo 8.2 desta orde achegarán solicitude no modelo do anexo II, onde de forma específica consignarán o importe total que se dedicará a gastos de investimento ou a gastos de funcionamento dos servizos dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

Esta solicitude e os documentos descritos no número 1) deste artigo serán subscritos por un único concello representante (alcalde/sa en representación dos asociados ou agrupados) ou o secretario do concello representante, segundo o caso. O devandito concello será tamén o perceptor da subvención e o xustificador desta.

A maiores da documentación establecida no número 1) deste artigo, que deberá achegar o concello representante dos asociados ou agrupados, presentarase a seguinte:

1. Certificación do/a secretario/a do concello solicitante relativo a:

a) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado do agrupamento realizado relativos á xestión compartida das actuacións para as cales se solicita subvención.

b) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado relativos ao nomeamento do alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como beneficiario corresponden á agrupación e que actuará como coordinador, interlocutor, perceptor e xustificador da axuda.

c) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado do compromiso solidario de execución e a aplicación solidaria da subvención.

2. Certificados dos secretarios dos concellos agrupados da remisión das contas do respectivo concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2010, a que fai referencia o artigo 7 desta orde, emitidos segundo o modelo do anexo VIII desta orde. Cada un dos concellos asociados ou agrupados deberá cumprir e acreditar mediante certificado da súa secretaría este requisito, no cal deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e no cal deberá constar a data de remisión ao Consello de Contas.

3. Certificación do acordo de cada un dos concellos que integran a agrupación ou asociación polo cal se solicita subvención para:

1. Os gastos de funcionamento de servizos, de ser o caso.

2. As obras ou equipamentos concretos, de ser o caso, que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

Nos referidos acordos deberá constar que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde. Os acordos deberán estar adoptados antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 16. Documentación que se presentará na liña en concorrencia competitiva.

1. Solicitudes individuais de concellos, de mancomunidades de concellos ou de consorcios locais:

A entidade peticionaria xuntará a documentación que se indica a seguir:

1.1. Documentación xeral obrigatoria:

a) Anexo III cuberto, onde de forma específica estableza o importe total que se dedicará a gasto de investimento e a gasto de funcionamento dos servizos municipais, mancomunados ou consorciados dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

b) Certificación do acordo da entidade polo cal se solicita subvención para:

1. Os gastos de funcionamento de servizos, de ser o caso.

2. As obras ou equipamentos concretos, de ser o caso, que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

No referido acordo deberá constar que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde. O acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

c) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo VII).

d) Certificado do/a secretario/a do concello, da mancomunidade ou do consorcio da remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2010, a que fai referencia o artigo 7 desta orde, emitido segundo o modelo do anexo VIII desta orde. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. Deberá constar a data de remisión ao Consello de Contas.

e) Certificación expedida polo/a secretario/a do concello, da mancomunidade ou do consorcio segundo o modelo anexo VI desta orde, referida á disposición do concello, mancomunidade ou consorcio sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que a entidade local, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa ten a dispoñibilidade sobre eles.

f) A entidade solicitante deberá remitir cuberto xunto coa documentación sinalada anteriormente o anexo IX relativo á estimación directa e indirecta do número de empregos externos xerados coa actuación solicitada, especificando o número de contratos e a duración de cada un.

1.2. Documentación específica para gastos de funcionamento: de solicitar este gasto, ademais, achegará:

1. A certificación de secretaría do concello, mancomunidade ou consorcio local, a que se refire o artigo 3, na cal se faga constar a vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

2. Memoria explicativa da necesidade dos gastos de funcionamento dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade solicitante, na cal deberá constar:

a) Relación e descrición do servizo: funcións, medios e orzamento.

b) Relación detallada dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

1.3. Documentación específica para gastos de obras ou equipamentos: de solicitar este gasto, ademais achegará:

1. Memoria explicativa da necesidade das obras ou equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade solicitante.

2. Proxecto ou anteproxecto da obra que se vai realizar. O contido mínimo do proxecto será o seguinte:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado.

– Planos a escala suficiente.

3. Equipamento: memoria detallada e valorada economicamente, no caso de solicitar equipamento.

1.4. Contido mínimo das memorias explicativas:

As memorias explicativas exixidas nos números 1.2 e 1.3 anteriores deberán detallar as actuacións para as cales se solicita subvención co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración, expoñendo as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención, con base en criterios de mellora, insuficiencia, ausencia ou deterioración das infraestruturas, equipamentos ou servizos existentes, incluíndo a xustificación da súa adecuación aos criterios de subvencionabilidade establecidos na orde. As memorias deberán ir asinadas polo representante da entidade solicitante.

2. Solicitudes conxuntas de concellos asociados ou agrupados:

Presentarán a solicitude no modelo do anexo IV, onde de forma específica consignarán o importe total que se dedicará a gastos de investimento ou a gastos de funcionamento dos servizos dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.

Esta solicitude e os documentos descritos no número 1) deste artigo serán subscritos por un único concello representante (alcalde/sa en representación dos asociados ou agrupados) e o secretario do concello representante. O devandito concello será tamén o perceptor da subvención e o xustificador desta.

A maiores da documentación establecida no número 1) deste artigo, que deberá achegar o concello representante dos asociados ou agrupados, presentarase a seguinte:

1. Certificación do secretario/a do concello solicitante relativo a:

a) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado do agrupamento realizado relativos á xestión compartida das actuacións para as cales se solicita subvención.

b) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado relativos ao nomeamento do alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como beneficiario corresponden á agrupación e que actuará como coordinador, interlocutor, perceptor e xustificador da axuda.

c) Acordos emitidos polos órganos competentes de cada concello asociado ou agrupado do compromiso solidario de execución e a aplicación solidaria da subvención.

2. Certificados dos secretarios dos concellos agrupados da remisión das contas do respectivo concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2010, a que fai referencia o artigo 7 desta orde, emitidos segundo o modelo do anexo VIII desta orde. Cada un dos concellos asociados ou agrupados deberá cumprir e acreditar mediante certificado da súa secretaría este requisito, no cal deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e no cal deberá constar a data de remisión ao Consello de Contas.

3. Certificación do acordo de cada un dos concellos que integran a agrupación ou asociación polo cal se solicita subvención para:

1. Os gastos de funcionamento de servizos, de ser o caso.

2. As obras ou equipamentos concretos, de ser o caso, que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

Nos referidos acordos deberá constar que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde. Os acordos deberán estar adoptados antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 17. Defectos na solicitude e outra documentación.

1. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da solicitude.

2. Se algunha documentación das solicitadas neste artigo xa constase en poder da Dirección Xeral de Administración Local desta consellería, e non se producise desde o momento en que foi presentada variación que afectase o contido ou a vixencia desta, non será necesario achegala novamente. Neste caso, a entidade solicitante indicará a data e o procedemento para os cales foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan, sen prexuízo do previsto con carácter xeral no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. O defecto nas solicitudes seralles notificado aos interesados pola Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación que, de non o faceren así, teranse por desistidos da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Instrución e resolución.

1. Cada liña de subvención das establecidas nesta orde poderá ser instruída, tramitada e resolta, mesmo parcialmente para a liña non competitiva, en pezas separadas.

2. Recibidas e tramitadas as solicitudes de subvención presentadas ao abeiro da liña competitiva e a súa documentación, serán analizadas por unha comisión de valoración presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e da cal formarán parte os/as delegados/as territoriais da Xunta de Galicia. Actuará como secretario/a a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, ou un/unha funcionario/a da citada dirección xeral con nivel mínimo de xefe/a de servizo.

3. Ás solicitudes presentadas polas entidades comprendidas no ámbito de aplicación da liña de subvención non competitiva non se lles aplicará valoración ningunha ao teren asignada unha cantidade económica segundo a relación dos anexos V-A e V-B. Neste suposto, o director xeral de Administración Local elevará proposta de concesión respecto das solicitudes que reúnan os requisitos e conteñan toda a documentación exixida pola convocatoria.

4. Unha vez elaboradas as correspondentes propostas segundo o previsto nos números anteriores, elevaranse á persoa titular da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quen resolverá.

Artigo 19. Axilización na resolución de subvencións na liña non competitiva.

En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e dado que para a liña de subvención non competitiva non se aplica valoración ningunha ao ter asignada unha cantidade económica segundo a relación dos anexos V-A e V-B, conforme os solicitantes presenten a documentación de forma completa e correcta e se verifique esta, o director xeral de Administración Local poderá elevar proposta de concesión para un determinado número de solicitantes que cumpran os requisitos de concesión de subvención.

Artigo 20. Criterios de avaliación e repartición.

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades ao abeiro da liña de subvencións competitiva ponderaranse os seguintes aspectos ata un máximo de 100 puntos, de acordo coas puntuacións parciais que para cada un se indica:

a) Co fin de fomentar a realización de proxectos conxuntos incentivaranse as solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos, para a realización dun proxecto común, ata 20 puntos. Para a valoración deste criterio teranse en conta o número de concellos participantes no proxecto, para o cal se solicita subvención e a repercusión do proxecto medida a través da cifra de poboación total dos concellos participantes no proxecto e a importancia deste.

b) Valoraranse as necesidades das actuacións solicitadas, con base no exposto na memoria explicativa achegada xunto coa solicitude, ata 20 puntos. Teranse en conta aspectos como a mellora, carencia, insuficiencia ou deterioración das infraestruturas, equipamentos ou servizos para os cales se solicita subvención.

c) Por outra banda, co obxecto de potenciar un reequilibrio territorial e para primar os concellos máis pequenos, consideraranse as circunstancias de menor poboación e envellecemento poboacional, que se puntuarán do seguinte xeito:

Menor poboación de cada concello ou concellos solicitantes e poboación de 65 ou máis anos en relación co total de poboación do/s concello/s: ata 15 puntos.

d) Maior ratio de investimento por habitante realizada pola/s entidade/s en materia ambiental durante os últimos cinco anos e certificado polo interventor de cada entidade participante na solicitude: ata 5 puntos.

Para estes efectos deberá achegarse certificado do interventor do investimento medio por habitante en materia ambiental nos últimos cinco anos mediante a seguinte fórmula: investimento total en ambiente últimos 5 anos/poboación da entidade.

e) Afección territorial do proxecto solicitado que contribúe á conservación e coñecemento dos recursos naturais e ambientais para o benestar dos cidadáns, ata 10 puntos. Neste criterio valorarase a existencia de espazos da Rede Natura que afecten o 50% ou máis do territorio do concello ou concellos integrados no proxecto para o cal se solicita subvención.

f) Por acreditar unha boa xestión ata 10 puntos. A valoración deste criterio realizarase con base na certificación emitida pola intervención da entidade solicitante (concello, mancomunidade ou consorcio, segundo proceda) na cal se fagan constar os seguintes puntos:

1. Que a entidade local rendeu as contas do exercicio 2010 dentro do prazo legalmente establecido: 2 puntos.

2. Que a entidade local cumpre coa estabilidade orzamentaria: 3 puntos.

3. Que a entidade local tivo un resultado orzamentario positivo: 1 punto.

4. Que o remanente de tesouraría para gastos xerais non foi negativo: 1 punto.

5. Que a entidade local pagou en prazo as súas obrigas pendentes: 1 punto.

6. Que a entidade local aprobou no prazo legalmente establecido o seu orzamento vixente e non o ten prorrogado: 1 punto.

No caso das asociacións ou agrupacións de concellos, as puntuacións asignaranse con base nos certificados emitidos polas respectivas intervencións municipais e só se puntuarán aqueles aspectos acreditados por todos os concellos que integran a solicitude.

g) Por presentar unha programación de dinamización vinculada ás actuacións subvencionables: ata 10 puntos.

h) Carácter innovador do proxecto presentado en relación ao conxunto de solicitudes presentadas, valorarase ata 5 puntos.

i) De conformidade co establecido no artigo 20.2.l) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por utilización da lingua galega na realización das actividades para as cales se solicita axuda, acreditada mediante compromiso expreso do concello achegado xunto coa solicitude: 5 puntos.

Para a asignación de puntuacións naqueles criterios que incorporan referencias a datos de poboación utilizaranse as cifras oficiais en 1 de xaneiro de 2011, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

Artigo 21. Notificación e modificación.

1. A resolución notificaráselles a todas as entidades beneficiarias da subvención, na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común. Conforme o disposto no artigo 44.1 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non notificarse resolución no prazo de catro meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo; todo iso sen prexuízo do establecido nos artigos 42 e 43 da dita lei.

2. Contra esta resolución as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria, sempre e cando non se cause prexuízo a terceiro.

A modificación rexerase polo establecido no artigo 7 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e demais normativa de aplicación.

As presentes bases habilitan para aprobar as modificacións atendendo aos obxectivos da orde e ao cumprimento dos requisitos do referido artigo 7 e demais normativa.

Artigo 22. Aceptación.

1. A entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación das condicións contidas nela.

2. Transcorrido o prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

3. As entidades beneficiarias das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidas.

4. A Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

Artigo 23. Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.

b) Nas subvencións de natureza non competitiva, será reintegrado o financiamento público polo importe pagado que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.

c) Nas subvencións de natureza competitiva reintegrarase o exceso de financiamento público polo importe pagado que exceda de aplicar ao gasto xustificado a porcentaxe de subvención correspondente.

d) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 27 desta orde.

e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei.

g) Nos demais supostos de aplicación.

Nas solicitudes agrupadas ou asociadas responderán todos os concellos de forma solidaria.

3. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa do sector público e, especificamente, a que rexen as contratacións das administracións públicas, sen prexuízo do establecido no artigo 29.3 da Lei de subvencións, o artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e os artigos 9.c) e 10.e) do Decreto 193/2011, do 6 de outubro. Serán as entidades contratantes os responsables directos das consecuencias que dos incumprimentos puideren derivar.

4. Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concede esta subvención durante un período mínimo de cinco anos e proceder ao reintegro das cantidades percibidas no caso de incumprimento desta obriga. A axuda só será definitiva se non sofre antes de transcorridos cinco anos do seu remate unha modificación que afecte a natureza do investimento.

5. Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as obrigas de publicidade establecidas e, en especial, as establecidas no artigo 25 da orde.

8. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

9. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

Artigo 24. Contratación administrativa e contratación de persoal.

1. As entidades locais beneficiarias poderán subcontratar parcial ou totalmente a actividade ou investimento subvencionado, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

2. Para estes efectos, as bases reguladoras incorporan a previsión de que as entidades locais poidan concertar con terceiros a execución parcial ou total da actuación que constitúa o obxecto da subvención. Os contratistas quedarán obrigados soamente ante o beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración.

3. A contratación das obras ou equipamentos será realizada polas entidades locais beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, e serán as entidades locais contratantes as responsables directas das consecuencias que dos incumprimentos puideren derivar.

4. En todo caso, deberá observarse o establecido no artigo 27, 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, o artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e os artigos 9.c) e 10.e) do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

5. Segundo o artigo 29.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

Por outra banda, segundo o artigo 31.3.º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

6. Persoal para a realización das actuacións: segundo o establecido na orde, o gasto de persoal imputable ao proxecto ou actuación subvencionado deberá ser o do custo de man de obra externa, sen que sexa admisible a imputación de gastos de persoal propio da corporación.

7. Así mesmo, nas obras por Administración non será subvencionable a imputación de gastos de persoal propio das entidades locais, xa que para selo deberá ser especificamente contratado para a obra.

Artigo 25. Publicidade das obras.

No caso de obras por importe superior a 20.000 €, a entidade beneficiaria deberá dar publicidade da obra mediante a colocación dun cartel anunciador en que conste expresamente o financiamento da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, segundo o modelo do anexo X e de acordo coa imaxe corporativa oficial da Xunta de Galicia.

No suposto da adquisición de vehículos, a entidade beneficiaria deberá incluír na rotulación daquel o logotipo da Xunta de Galicia, de acordo coa imaxe corporativa oficial, e o lema «Fondo de Compensación Ambiental», facendo constar expresamente o financiamento da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, sen prexuízo de que o beneficiario incorpore o seu propio escudo e a indicación do servizo ao cal estará afectado o dito vehículo. A Dirección Xeral de Administración Local establecerá no portal dos concellos Eido Local un modelo para o efecto.

Artigo 26. Xustificación e pagamento das subvencións.

1. O prazo para a realización e xustificación da actuación subvencionada remata o 30 de setembro de 2012 (inclusive).

2. No suposto de solicitudes conxuntas de concellos agrupados ou asociados será o concello representante solicitante perceptor da subvención quen deba facer a xustificación.

3. Cando deban xustificarse gastos de investimento e de custos de funcionamento dos servizos municipais, dos mancomunados ou dos consorciados dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, a conta xustificativa realizarase de forma separada, presentando unha conta para os gastos de investimento e outra para xustificar os gastos de funcionamento.

4. En caso de solicitudes conxuntas, deberá achegarse xunto coa documentación xustificativa da subvención, o convenio de colaboración asinado por todos os concellos que subscriben unha mesma solicitude, segundo o previsto no artigo 5. Este convenio non será esixible de telo achegado xunto coa solicitude inicial.

5. Para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar no prazo establecido no número anterior a seguinte documentación:

A. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar investimentos:

1. Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida (anexo XII).

2. Certificación expedida polo secretario/a da entidade local (anexo XIII) co visto e prace do alcalde ou do presidente, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a) O cumprimento da finalidade da subvención.

b) Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, certificacións de obra, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

A referencia a certificacións de obra non será aplicable á conta xustificativa de gastos correntes.

3. Documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia no número 2 anterior.

Este número 3) non será aplicable á conta xustificativa de gastos correntes.

4. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

5. De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Declaración complementaria referida á obtención doutras subvencións, axudas ou recursos que financien as actividades obxecto de subvención, no modelo do anexo VII.

7. Nos supostos previstos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, copia compulsada da resolución de adxudicación do contrato onde quede acreditado o cumprimento do establecido no segundo parágrafo do artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. Fotografías, en soporte dixital ou papel, do lugar ou lugares onde se efectuasen as obras, tomadas antes, durante e con posterioridade á súa realización. A presentación das fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o momento da execución a que correspondan, polo que incluirán unha inscrición para o efecto e, nas obras por importe superior a 20.000 euros, deberase incluír o cartel das obras no lugar destas, no cal se aprecie a publicidade do financiamento das actuacións con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

9. De tratarse de vehículos, achegaranse fotografías deste onde se aprecie o cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 25 desta orde.

10. No suposto de obras realizadas por administración pola entidade local beneficiaria, achegarase a seguinte documentación adicional:

– A certificación relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa, á cal fai referencia a alínea 5.A.2 deste mesmo artigo, conterá ademais unha relación dos gastos efectuados con medios ou recursos propios, ordenada segundo o concepto a que se atribúe.

– Unha certificación emitida polo/a secretario/a-interventor/a ou interventor/a de que os gastos relacionados foron aplicados ao cumprimento do proxecto subvencionado.

– Os gastos de persoal acreditaranse mediante certificación emitida no modelo do anexo XI polo/a secretario/a da entidade local na cal constará o persoal contratado especificamente para a actuación subvencionada, o detalle dos custos da contratación e a duración dos contratos.

B. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar gastos correntes (custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural):

No caso de subvencións destinadas a financiar os gastos correntes a conta xustificativa conterá a documentación relacionada no punto anterior, e debe presentarse de forma separada á conta xustificativa de investimentos.

6. A Dirección Xeral de Administración Local, de atopar conformes os xustificantes, proporá o libramento dos fondos, sempre que a entidade beneficiaria cumpra a obriga de realizar as actuacións, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da xustificación.

8. No caso de subvencións superiores a 60.000, con carácter previo á proposta de pagamento realizarase a comprobación material do investimento, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada por un representante da Administración e polo representante da entidade beneficiaria. A comprobación pode ser efectuado por un representante distinto do concedente da subvención. Excepcionalmente, poderase substituír esta comprobación por unha xustificación documental que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

Artigo 27. Efectividade dos pagamentos.

1. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas.

A acreditación realizarase mediante copia de transferencia bancaria que estará debidamente identificada, selada pola entidade bancaria e asinada pola entidade beneficiaria da subvención.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da efectividade dos pagamentos realizados.

Artigo 28. Cantidades dispoñibles.

As cantidades que resultasen sobrantes, en calquera das liñas establecidas nesta orde, por causa de renuncia expresa, falta de presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias, minoración por menor xustificación das cantidades inicialmente aprobadas ou non destinar o mínimo do 20% a xestión compartida nos supostos en que sexa obrigatorio, ou calquera outra causa aplicable, poderán dedicarse a subvencionar aquelas entidades que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro da liña competitiva.

Artigo 29. Incumprimento das condicións impostas.

1. Transcorrido o prazo establecido no artigo 26 sen ter presentado as correspondentes xustificacións, producirase a perda do dereito da entidade beneficiaria ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, e poderá esta consellería utilizar este crédito en beneficio doutros posibles beneficiarios, sen prexuízo do previsto nos artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. O incumprimento da obriga de xustificación dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro da subvención previsto no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 23 desta orde, así como as establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en todo caso, nos supostos establecidos no artigo 33 da dita lei, a entidade comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 30. Modificación.

Toda alteración non autorizada das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incumprimento da obriga de destino referida que se producirá, en todo caso, co alleamento ou gravame dos bens, será causa de reintegro, nos termos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, quedando os bens afectos ao pagamento do reintegro calquera que sexa o seu posuidor.

Artigo 31. Concorrencia de axudas e subvencións públicas.

1. Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Porén, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

2. Os concellos poderán presentarse ás diferentes liñas de subvención descritas nesta orde sempre e cando cumpran os requisitos e condicionantes requiridos en cada unha delas.

Artigo 32. Publicidade das subvencións concedidas.

As entidades beneficiarias e os importes das axudas concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web oficial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; do mesmo xeito integraranse, na forma que se estableza regulamentariamente, no Rexistro Público de Subvencións, que será de acceso público.

O incumprimento da obriga da entidade beneficiaria da subvención de dar a axeitada publicidade do cofinanciamento das actuacións, en especial do previsto nesta orde, e de acordo co previsto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en relación co artigo 33.d) da citada norma, será causa de reintegro por parte da entidade das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións as entidades locais galegas.

Disposición derradeira terceira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V-A
Aplicación orzamentaria 05.03.141A.761.0
Crédito orzamentario: 6.472.000,00 €

Concello

Provincia

N.º aeroxeradores

Subvención

Abadín

Lugo

232

371.200,00

Agolada

Pontevedra

11

17.600,00

Alfoz

Lugo

35

56.000,00

Antas de Ulla

Lugo

4

6.400,00

Aranga

A Coruña

9

14.400,00

Arbo

Pontevedra

20

32.000,00

Arteixo

A Coruña

1

1.600,00

Avión

Ourense

38,5

61.600,00

Baleira

Lugo

17

27.200,00

Baltar

Ourense

4

6.400,00

Bande

Ourense

4

6.400,00

Boimorto

A Coruña

5,5

8.800,00

Boiro

A Coruña

1

1.600,00

Cabana de Bergantiños

A Coruña

13

20.800,00

Caldas de Reis

Pontevedra

4

6.400,00

Camariñas

A Coruña

62

99.200,00

Cañiza, A

Pontevedra

62

99.200,00

Capela, A

A Coruña

11

17.600,00

Carballeda de Avia

Ourense

2

3.200,00

Carballedo

Lugo

10

16.000,00

Cariño

A Coruña

44

70.400,00

Carnota

A Coruña

49,5

79.200,00

Castro Caldelas

Ourense

4

6.400,00

Castroverde

Lugo

24,5

39.200,00

Catoira

Pontevedra

10

16.000,00

Cedeira

A Coruña

70

112.000,00

Cee

A Coruña

6

9.600,00

Cerdedo

Pontevedra

18

28.800,00

Cervo

Lugo

16,5

26.400,00

Chandrexa de Queixa

Ourense

35

56.000,00

Chantada

Lugo

21

33.600,00

Coristanco

A Coruña

27

43.200,00

Cotobade

Pontevedra

13

20.800,00

Covelo

Pontevedra

39

62.400,00

Cualedro

Ourense

45

72.000,00

Cuntis

Pontevedra

3

4.800,00

Dodro

A Coruña

5

8.000,00

Dumbría

A Coruña

108

172.800,00

Estrada, A

Pontevedra

2

3.200,00

Fonsagrada, A

Lugo

64

102.400,00

Forcarei

Pontevedra

95,5

152.800,00

Fornelos de Montes

Vigo

15

24.000,00

Foz

Lugo

9

14.400,00

Friol

Lugo

30

48.000,00

Guitiriz

Lugo

30

48.000,00

Irixo, O

Ourense

37

59.200,00

Irixoa

A Coruña

15,5

24.800,00

Lalín

Pontevedra

80

128.000,00

Lama, A

Pontevedra

51,5

82.400,00

Laracha, A

A Coruña

1

1.600,00

Lousame

A Coruña

15

24.000,00

Malpica de Bergantiños

A Coruña

69

110.400,00

Mañón

A Coruña

73

116.800,00

Mazaricos

A Coruña

123,5

197.600,00

Meira

Lugo

30

48.000,00

Melide

A Coruña

19

30.400,00

Melón

Ourense

18

28.800,00

Mondoñedo

Lugo

39

62.400,00

Monfero

A Coruña

25

40.000,00

Montederramo

Ourense

36

57.600,00

Muras

Lugo

381

609.600,00

Muros

A Coruña

41

65.600,00

Narón

A Coruña

6

9.600,00

Negreira

A Coruña

49

78.400,00

Neves, As

Pontevedra

26

41.600,00

Nogueira de Ramuín

Ourense

51

81.600,00

Ortigueira

A Coruña

116

185.600,00

Ourol

Lugo

156,5

250.400,00

Outes

A Coruña

30

48.000,00

Padrón

A Coruña

2

3.200,00

Palas de Rei

Lugo

25

40.000,00

Parada de Sil

Ourense

17

27.200,00

Páramo, O

Lugo

4

6.400,00

Pastoriza, A

Lugo

5

8.000,00

Piñor

Ourense

2

3.200,00

Pobra do Caramiñal, A

A Coruña

48

76.800,00

Pol

Lugo

4,5

7.200,00

Ponteceso

A Coruña

63

100.800,00

Pontenova, A

Lugo

11,5

18.400,00

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

139

222.400,00

Porto do Son

A Coruña

49

78.400,00

Rianxo

A Coruña

6

9.600,00

Ribeira de Piquín

Lugo

33

52.800,00

Riotorto

Lugo

0,5

800,00

Rodeiro

Pontevedra

34

54.400,00

Rois

A Coruña

14

22.400,00

San Sadurniño

A Coruña

26

41.600,00

Santa Comba

A Coruña

54,5

87.200,00

Sarria

Lugo

6

9.600,00

Silleda

Pontevedra

12,5

20.000,00

Sobrado

A Coruña

13,5

21.600,00

Somozas, As

A Coruña

87

139.200,00

Toques

A Coruña

12

19.200,00

Tordoia

A Coruña

7

11.200,00

Valadouro, O

Lugo

120

192.000,00

Valdoviño

A Coruña

19

30.400,00

Verea

Ourense

15

24.000,00

Vicedo, O

Lugo

84

134.400,00

Vila de Cruces

Pontevedra

8

12.800,00

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2

3.200,00

Vilalba

Lugo

95

152.000,00

Vimianzo

A Coruña

68

108.800,00

Viveiro

Lugo

50

80.000,00

Xermade

Lugo

43,5

69.600,00

Xove

Lugo

11

17.600,00

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

6

9.600,00

Zas

A Coruña

28,5

45.600,00

Totais

 

4045

6.472.000,00

ANEXO V-B
Aplicación orzamentaria 05.03.141A.761.0
Crédito orzamentario: 1.368.277,40 €

Concello

Provincia

Lonxitude liñas (en metros)

Subvención

Abadín

Lugo

20.422,00

38.097,00

Agolada

Pontevedra

100,00

2.000,00

Alfoz

Lugo

681,00

2.000,00

Antas de Ulla

Lugo

5.500,00

10.260,19

Aranga

A Coruña

15.293,00

28.529,21

Arbo

Pontevedra

8.447,00

15.757,78

Arzúa

A Coruña

528,00

2.000,00

Baleira

Lugo

5.242,00

9.778,89

Beariz

Ourense

11.800,00

22.012,74

Boborás

Ourense

7.042,00

13.136,58

Boiro

A Coruña

444,00

2.000,00

Cabana de Bergantiños

A Coruña

8.969,00

16.731,56

Caldas de Reis

Pontevedra

60,00

2.000,00

Camariñas

A Coruña

10,00

2.000,00

Cañiza, A

Pontevedra

6.492,00

12.110,75

Carballiño, O

Ourense

743,00

2.000,00

Cedeira

A Coruña

642,00

2.000,00

Celanova

Ourense

4.000,00

7.461,95

Cervo

Lugo

1.848,00

3.447,42

Chandrexa de Queixa

Ourense

9.200,00

17.162,49

Chantada

Lugo

14.100,00

26.303,38

Coristanco

A Coruña

14.280,00

26.639,17

Covelo

Pontevedra

7.566,00

14.114,28

Cualedro

Ourense

223,00

2.000,00

Curtis

A Coruña

22.388,00

41.764,25

Dumbría

A Coruña

6.340,00

11.827,20

Estrada, A

Pontevedra

5.104,00

9.521,45

Fonsagrada, A

Lugo

1.139,00

2.124,79

Forcarei

Pontevedra

19.642,00

36.641,71

Friol

Lugo

7.926,00

14.785,86

Guitiriz

Lugo

25.639,00

47.829,25

Irixo, O

Ourense

4.721,00

8.806,97

Irixoa

A Coruña

76,00

2.000,00

Lalín

Pontevedra

10.716,00

19.990,61

Leiro

Ourense

1.342,00

2.503,11

Malpica de Bergantiños

A Coruña

1.500,00

2.798,23

Mañón

A Coruña

2.522,00

4.704,76

Mazaricos

A Coruña

26.163,00

48.807,30

Meira

Lugo

7.854,00

14.651,37

Mondoñedo

Lugo

16.125,00

30.080,85

Monfero

A Coruña

9.272,00

17.296,81

Muras

Lugo

24.637,00

45.959,09

Muros

A Coruña

3.941,00

7.351,25

Negreira

A Coruña

7.652,00

14.274,72

Neves, As

Pontevedra

6.409,00

11.955,91

Nogueira de Ramuín

Ourense

6.586,00

12.286,11

Ortigueira

A Coruña

22.721,00

42.385,00

Ourol

Lugo

21.244,00

39.631,15

Outes

A Coruña

9.995,00

18.645,56

Palas de Rei

Lugo

2.280,00

4.253,31

Páramo, O

Lugo

14,00

2.000,00

Pastoriza, A

Lugo

4.984,00

9.296,67

Piñor

Ourense

561,00

2.000,00

Ponteceso

A Coruña

17.219,00

32.121,84

Pontenova, A

Lugo

2.173,00

4.052,95

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

75.045,00

139.995,57

Porto do Son

A Coruña

12.467,00

23.257,04

Riotorto

Lugo

4.369,00

8.149,56

Rodeiro

Pontevedra

4.800,00

8.954,34

Rois

A Coruña

5.278,00

9.846,05

San Sadurniño

A Coruña

6.270,00

11.696,61

Santa Comba

A Coruña

6.912,00

12.894,26

Sarria

Lugo

7.872,00

14.685,12

Silleda

Pontevedra

10.827,00

20.198,49

Sobrado

A Coruña

12.138,00

22.643,30

Somozas, As

A Coruña

3.760,00

7.014,24

Touro

A Coruña

1.740,00

3.245,95

Valadouro, O

Lugo

1.962,00

3.660,09

Valdoviño

A Coruña

275,00

2.000,00

Verea

Ourense

3.744,00

6.984,39

Vicedo, O

Lugo

10.239,00

19.100,73

Vila de Cruces

Pontevedra

26.735,00

49.874,68

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

6.284,00

11.722,73

Vilalba

Lugo

28.022,00

52.275,56

Vilasantar

A Coruña

1.902,00

3.548,16

Vimianzo

A Coruña

11.438,00

21.337,46

Viveiro

Lugo

16.222,00

30.261,02

Xermade

Lugo

5.261,00

9.814,33

Xinzo de Limia

Ourense

1.426,00

2.660,19

Xove

Lugo

9.342,00

17.427,39

Zas

A Coruña

7.043,00

13.138,63

Totais

 

723.890,00

1.368.277,40

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file