Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do concello de Cospeito, por Acordo do Pleno ordinario celebrado o 29 de marzo de 2012, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas: O Monte, Pereiras, Broz, Carracido e A Escoleira.

A duración da suspensión é dun ano.

Cospeito, 30 de marzo de 2012.

Armando Castosa Alvariño
Alcalde