Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para apertura de almacén de material eléctrico e de fontanaría e fabricación de cadros eléctricos (expediente 2010/312).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º 2010/312, tramitado por instancia de Isidro Rodríguez Rodríguez (Foncaexpress), para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de almacén de material eléctrico e de fontanería e fabricación de cadros eléctricos, que se instalará na parcela P-20 do Parque Empresarial de Mos-Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.

Mos, 28 de marzo de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo