Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza de apertura e funcionamento dun taller de electromecánica e oficinas.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense a información pública os expedientes n.º 2011/600-2011/601, tramitados por instancia de Electricidad Esport, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de taller de electromecánica e oficinas, que se instalarán na parcela P-9 do Parque Empresarial de Mos-Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña por conveniente.

Mos, 4 de abril de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo