Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre a contratación do servizo de limpeza de edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Barbadás. Departamento de Secretaría.

2. Obxecto do contrato: contratación do servizo de limpeza de edificios municipais, segundo o prego de cláusulas administrativas e o prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 163.832,00 euros/ano (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non existe.

6. Garantía definitiva: 5% (IVE excluído) do prezo de adxudicación.

7. Obtención de información: Concello de Barbadás. Cimadevila, 1-Barbadás, 32890. Teléfono: 988 36 00 00, fax: 988 36 04 01.

8. Presentación das ofertas: a data límite de presentación será ata o 1 de xuño de 2012.

9. A apertura das ofertas terá lugar o día 4 de xuño de 2012, ás 11.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web: www.concellodebarbadas.es (perfil do contratante).

Barbadás, 11 de abril de 2012.

O alcalde