Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa de servizos para a prestación do servizo de cafetaría do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa de servizos para a prestación do servizo de cafetaría do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 674, fascículo 1, do 10 de abril de 2012 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-2/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de cafetaría.

c) División por lotes e número de lotes: non hai división en lotes.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

e) Prazo de duración: un ano.

f) Admisión de prórroga: por un ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 51 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 49 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 € (sen IVE) (importe total do contrato tendo en conta calquera forma de opción e eventuais prórrogas, IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 100.000,00 €. Importe total: 108.000,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta, sexta e sétima do prego de cláusulas administrativas particulares, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4. Dirección electrónica: contratacion@parlamentodegalicia.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres «B» e outra para sobres «C».

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Data e hora: en sesións públicas no día e hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 674, fascículo 1, do 10 de abril de 2012 e na páxina (www.parlamentodegalicia.es).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia