Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1239/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos número 1239/2009 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1239/2010, sendo demandante Elena Rodríguez Iglesias, asistida polo letrado Sr. Fernández Hernández, e demandadas a empresa Confecciones Ferbal, S.L. e Grupo Inditex, S.A., coa representación do letrado Sr. Rubio Jiménez de Llano, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Elena Rodríguez Iglesias contra Confecciones Ferbal, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Elena Rodríguez Iglesias a cantidade de 6.241 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Do mesmo xeito, debo acordar e acordo o sobresemento deste procedemento no que se refire á acción emprendida fronte a Grupo Inditex, S.A., por desistencia.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Confecciones Ferbal, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial