Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (901/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 901/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vázquez Blanco contra a empresa Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Antonio Vázquez Blanco contra a empresa Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., e en consecuencia condeno a demandada a aboar ao demandante 241,79 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2012.

A secretaria xudicial