Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1439/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xugado do Social número 4 da Coruña fago saber que nos autos 1439/2009 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1439/2009, sendo demandante Lorenzo Paz Aguiar, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Conszoa, S.L. Foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por Lorenzo Paz Aguiar contra Conszoa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Lorenzo Paz Aguiar a cantidade de 1.420,45 euros que debe, cantidade esta que se deberá incrementar co xuro de mora do 10% respecto dos conceptos de carácter exclusivamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Conszoa, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial