Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 26 de marzo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común das Gándaras, a favor dos veciños da parroquia de San Pedro de Alais, no concello de Castro Caldelas (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 14 de marzo de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Gándaras, solicitada polos veciños da parroquia de San Pedro de Alais, no concello de Castro Caldelas (Ourense) resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 7 de setembro de 2010 entrou no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da parroquia de San Pedro de Alais, no concello de Castro Caldelas (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 15 de decembro de 2010, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e procede a realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Castro Caldelas.

Denominación do monte: As Gándaras.

Comunidade veciñal solicitante: Veciños da parroquia de San Pedro de Alais.

Superficie: 3,95 ha correspondentes coas parcelas catastrais n.º 1832 e 1907 do polígono 98 do concello de Castro Caldelas.

Lindes:

Norte: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1370 de Jesús Rodríguez Quintela, n.º 1371 de José González Rodríguez, n.º 1372 de Priscila Costoya Quintela, n.º 1373 de José Costoya Pardo, n.º 1374 de Manuel Quintela Rodríguez, n.º 1375 de José Quintela Rodríguez, n.º 1376 de Manuel López Robleda, n.º 1377 de Edmundo Rodríguez González, n.º 1378 de Cándido Quintela Rodríguez, e n.º 1380 de Cándida Rodríguez Pérez).

Sur: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1322 de Eliseo Pérez Valcárcel, n.º 1328 de Dionisio Sánchez Pérez, n.º 1329 de Melquíades Quintela Novoa, n.º 1331 de Irene Sánchez González, e n.º 1333 de José González Rodríguez).

Leste: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1268 de José González Rodríguez, n.º 1274 de Alfonso Nóvoa Regodeseves, e Ramón Novoa Regodeseves, n.º 1276 de Socorro Pereiro Lamas, n.º 1277 de Socorro Pereiro Lamas, n.º 1341 de José González Rodríguez, n.º 1339 de Antonio González Pérez, n.º 1338 de Juan Rodríguez Regodeseves, n.º 1337 de Casto Buján Rodríguez, n.º 1336 de Perfecto Blanco Robleda, n.º 1335 de Cándido Quintela Rodríguez, n.º 1334 de José Robleda s/s, e n.º 1302 de Dionisio Sánchez Pérez).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 98 (parcelas n.º 1342 de Eladio Valcárcel Conde, n.º 1343 de Eva María Rodríguez Valcárcel, n.º 1344 de Carmen Nóvoa González, n.º 1345 de Enrique Rodríguez González, n.º 1346 de Dorinda Fernández s/s, n.º 1347 de Cándida Rodríguez Pérez, n.º 1348 de María Novoa Sotelo, n.º 1349 de Alfonso Novoa Regodeseves, e Ramón Nóvoa Regodeseves, n.º 1350 de Jaime Pérez Robleda, n.º 1351 de Amparo Rodríguez Quintela, n.º 1352 de Manuel Fernández Losada, n.º 1354 de Carmen Quintela Novoa, n.º 1357 de Dionisio Sánchez Pérez, n.º 1358 de Antonio Villares Cortés, n.º 1359 de Juan Rodríguez Regodeseves, n.º 1360 de José González Rodríguez, n.º 1362 de María Pérez Quintela, n.º 1363 de Juan Quintela Álvarez, n.º 1365 de Victorina Rodríguez Rodríguez, n.º 1366 de Eva María Rodríguez Valcárcel, n.º 1367 de Cándida Rodríguez Pérez, e n.º 1368 de Eliseo Pérez Valcárcel).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante os testemuños dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, sen que durante a tramitación do procedemento se producise reclamación ningunha de titularidade distinta.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de San Pedro de Alais, no concello de Castro Caldelas (Ourense), o monte denominado As Gándaras, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de marzo de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense