Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación dunha notificación devolta polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese o interesado que se cita no anexo para que, no prazo dos quince (15) días seguintes ao da data da publicación deste edicto, compareza en persoa ou debidamente representado/a nesta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8, 1.º andar), para ter coñecemento da notificación do procedemento instado polo/a interesado/a, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado/a cos efectos que se indican.

Vigo, 10 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Miguel Pérez Vidal.

DNI: 76814543-V.

Número de expediente: 36/0000780-I/11.

Notificación: petición de datos complementarios necesarios para o trámite inicial da prestación social.

Efectos: paralización do expediente e, transcorridos quince (15) días, contados a partir desta publicación, considerarase denegada a súa solicitude para a prestación social.