O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 26 de marzo de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar illada composta de planta baixa, planta primeira e planta baixo cuberta, no lugar da Ermida, n.º 23, Marcón, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal que foi devolta polo servicio de Correos por rsultr o seu interesado ausente na repartición daquel acordo a Ana Belén Iglesias Cabanelas, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica esta ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística