Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de subministración que se cita.

– Subministración e instalación do equipamento necesario para a homoxeneización e visualización remota do sistema de videovixilancia dos portos do ente público Portos de Galicia (EPPG).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha do equipamento necesario para dispoñer dun sistema dixital de gravación e almacenamento das imaxes das cámaras dos portos obxecto deste contrato, coas características descritas no prego de prescricións técnicas particulares (PPT).

b) Lugar de execución ou de entrega: os bens obxecto da presente subministración deberán ser entregados nos portos indicados no PPT.

c) Valor estimado do contrato: 149.150,00 €, IVE excluído.

d) Orzamento base de licitación: cento corenta e nove mil cento cincuenta euros (149.150,00 €), IVE excluído.

e) Importe do IVE (8%): 26.847,00 euros.

f) Prazo de execución: dezaseis (16) semanas.

g) División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: faranse a través de correo electrónico dirixidos á seguinte conta de correo: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Obtención de documentación: o PPT, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

– Perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17421. Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional conforme o disposto nos puntos 16 e 17 do CCC. Así mesmo, deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, de ser o caso, se atopen especificados tanto no PCAP como no PPT.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10.º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no punto 18 do CCC, na cláusula 4 do PCAP e no PPT.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Central do ente público Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6.º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no punto 11 do CCC, que serán valorados segundo o disposto no anexo II do devandito cadro.

f) Variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, n.º 5-A, 6.º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contado desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, ao lugar e á hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 5.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia