Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de abril de 2012 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente 107 B 2007/99-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de febreiro de 2012, unha resolución pola que se lle impón unha multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107 B 2007/99-0 a Perfecto González Cidrás como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 11 de novembro de 2008, que ordenaba a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar para uso residencial, composta de planta baixa, primeiro andar e planta baixo cuberta, cunha superficie total construída de 240 m2, promovidas polo interesado, no lugar de Moledo, parroquia de Ardán, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. Para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística