Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 10 de abril de 2012, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a resolución do expediente de clasificación do monte veciñal en man común denominado Alén, a favor dos veciños de Anxa, Casal do Río, Outeiro, Santa Baia da Bola e Murzás, da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 25 de xaneiro de 2012, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Alén, a favor dos veciños de Anxa, Casal do Río, Outeiro, Santa Baia da Bola e Murzás, da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 17 de decembro de 2008 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Anxa, Casal do Río, Outeiro, Santa Baia da Bola e Murzás, da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 24 de marzo de 2010, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, para o cal designou instrutor e realizou as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: A Bola.

Denominación do monte: Comunal de Alén.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Anxa, Casal do Río, Outeiro, Santa Baia da Bola e Murzás, da parroquia de Santa Baia de Berredo.

Superficie total: 17,23 ha.

Estremas:

Norte: presa de auga.

Sur: camiño público.

Leste: pol. 28, parc. 652 José Rodríguez Vázquez; pol. 28, parc. 649 Manuel Martínez Nogueiras; pol. 28, parc. 648 Antonio Pérez Docar; pol. 28, parc. 660 Máximo Pérez Núñez; pol. 28, parc. 423 Nieves Fernández del Río; pol. 28, parc. 409 Venerando Pérez Quintas; pol. 28, parc. 612 Carlos Rodríguez Rodríguez; pol. 28, parc. 611 Rosa Bernárdez; pol. 28, parc. 610 Manuel Bernárdez; pol. 28, parc. 609 Antonio Fernández Pereira; pol. 28, parc. 608 Serafín Álvarez Araujo; pol. 28, parc. 607 Luis Álvarez Forneiro; pol. 28, parc. 600 Juan Pérez de Prado; pol. 28, parc. 684 Carlos Veloso Freire; pol. 28, parc. 606 Luis Álvarez Forneiro; pol. 28, parc. 597 José Santiago Álvarez; pol. 28, parc. 599 Luis del Río Navas; pol. 28, parc. 602 Juan Pérez de Prado; pol. 28, parc. 603 Aurea Lorenzo Araujo; pol. 28, parc. 604 Juan Pérez de Prado; pol. 28, parc. 647 Hortensia Bello Feijoo; pol. 28, parc. 650 Nieves Fernández del Río; pol. 28, parc. 651 María Feijoo Lorenzo.

Oeste: valo de pedra e camiño (delimitando co comunal de Cacabelos), río Orille.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Anxa, Casal do Río, Outeiro, Santa Baia da Bola e Murzás, da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola (Ourense) o monte denominado Alén, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 10 de abril de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense