Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 28 de marzo de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ICA-PO-0016/2012-CP.

Denunciada: Manuel Vicente Mosquera e Hijos, S.A.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: ICA-PO-0030/2012-U.

Denunciado: José Manuel Juncal Parada.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0084/2011-IA.

Denunciado: David López Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0014/2012-SG.

Denunciados: Guadalupe Fernández Fondevila e Antonio Novo Fernández.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0294/2011-BIO.

Denunciado: Pablo Pérez Pérez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0055/2012-IUL.

Denunciada: M.ª del Carmen Almeida González.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0058/2012-IUL.

Denunciado: Víctor Manuel Gallego Castellano.

Acto de notificación: acordo de incoación.