Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1455/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1455/2009, sendo demandante José María Santos Rodríguez, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandada a empresa Arco, Área de Comunicación, S.A. e Farmacom Comunicación Global, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José María Santos Rodríguez contra as empresas Arco, Área de Comunicación, S.A. e Farmacom Comunicación Global, S.L. e, en consecuencia, condeno as empresas demandadas a aboarlle a José María Santos Rodríguez a cantidade de 2.740,73 euros que deben, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lles sirva de notificación en forma a Arco, Área de Comunicación, S.A., e a Farmacon Comunicación Global, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial