Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1483/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1483/2009, sendo demandante Catalina Palacios Angulo, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Tubystal Norte, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Catalina Palacios Angulo contra a empresa Tubystal Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Catalina Palacios Angulo a cantidade de 1.617,37 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.»

E para que sirva de notificación en forma a Tubystal Norte, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial