Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1247/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1247/2009, sendo demandante Cristina Santalla Beceiro, representada polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Obranor (Obras y Servicios, S.L.), así como a administración concursal de Obranor (Obras y Servicios, S.L.), despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo admitir e admito a demanda interposta por parte de Cristina Santalla Becerro contra Obranor (Obras y Servicios, S.L.) e contra a administración concursal de Obranor (Obras y Servicios, S.L.) e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Cristina Santalla Becerro a cantidade de 3.700,69 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Obranor (Obras y Servicios, S.L.), actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial