Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1414/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1414/2009, en que foi demandante José Castro Fernández, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Revilosam, S.L., da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Castro Fernández contra a empresa Revilosam, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a José Castro Fernández a cantidade de 8.510,25 euros que lle debe, cantidade ésta que deberase incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Revilosam, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial