Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1458/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de refuerzo do Social número 4 da Coruña, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1458/2009, en que foi demandante Mario Canosa González, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandada a empresa Suministros A Gándara, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mario Canosa González contra a empresa Suministros A Gándara, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Mario Canosa González a cantidade de 9.213,10 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Suministros A Gándara, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial