Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (95/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 95/2010, en que foron demandantes María Rocío Sánchez Peiteado e Sandra María Vázquez Sánchez, representadas polo letrado Sr. Vázquez Pérez-Coleman, e demandada a empresa Navima Ediciones, S.L. Da mesma maneira, citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Rocío Sánchez Peiteado e Sandra María Vázquez Sánchez contra a empresa Navima Ediciones, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a María Rocío Sánchez Peiteado a cantidade de 1.534,13 euros, e a Sandra María Vázquez Sánchez a suma de 1.793,60 euros, que lles debe. Estas cantidades deberanse incrementar co xuro de mora do 10% respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Navima Ediciones, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial