Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15177

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5577/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5577/2011 CRS.

Xulgado de orixe: Demanda 75/2011 do Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrentes: Consorcio da Zona Franca de Vigo, Paula Moreira Teixeira.

Abogados: Alberto Fresco González, Matías Movilla García.

Recorridos: Fogasa, Eulen Seguridad, S.A., Atlas Servicios Empresariales, S.L., Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U., Serviguide, S.L., Severiano Gestión, S.L., Manpower Business Solutions, S.L.U., Ministerio Fiscal, Adia Intergrupp ETT, S.A., Link Externalización de Servicios, S.L.U.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1.ª da Sala Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 55770/2011 desta sección, seguido por instancia do Consorcio da Zona Franca de Vigo e Paula Moreira Teixeira contra a empresa sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, contra a Sentenza do 15 de xullo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo en proceso por despedimento, promovido por Paula Moreira Teixeira, e desestimando o recurso de suplicación da traballadora Paula Moreira Teixeira, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu, agás no que respecta á categoría da traballadora no Consorcio da Zona Franca de Vigo, que deberá ser asimilada ao grupo 2, nivel 1, e confirmamos no resto os pronunciamentos da sentenza obxecto de recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación do Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Link Externalización de Servicios, S.L.U., en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial