En autos de ordinario 36/2010 ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor seguinte:
«Sentenza.
Pontevedra, 4 de outubro de 2011.
Vistos por M.ª Enriqueta Sanmartín Carbón, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario número 36/2010, entre partes, como demandantes Javier Valdivia Suaznavar, representado pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuan Fernández e asistido polo letrado Benjamín Fernández Novoa Valladares, e como demandados a entidade Concesionario Oficial TSK Pontevedra, en situación de rebeldía procesual, e a entidade Fracciona, representada pola procuradora dos tribunais Dolores Abella Otero e asistida polo letrado José Abascal Rojo, sobre rescisión de contrato por incumprimento.
Decido que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Isabel Sanjuan Fernández, en nome e representación de Javier Valdivia Suaznavar contra a entidade Concesionario Oficial TSK Pontevedra e a entidade Fracciona, debo declarar e declaro resoltos os contratos celebrados entre a esposa do demandante Ángela Piñón Besada e a demandada Fracciona, debendo reintegrarse mutuamente as cousas ou prestacións xa recibidas en función deles. Con imposición de custas ás demandadas.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se preparará ante este xulgado no termo de cinco días desde a súa notificación.
Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 € mediante ingreso en efectivo en calquera sucursal do Banco Español de Crédito, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, e especificando o concepto de «recurso».
O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao preparar o recurso de apelación, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite.
Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.
Así, por esta a miña sentenza, a pronuncio, mando e asino».
E para que conste e sirva de notificación a Concesionario Oficial TSK Pontevedra, expido e asino a presente.
Pontevedra, 11 de outubro de 2011.
A secretaria xudicial