Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 336/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación M.T. rúa parroquia de Rois, Nosinyec.

Situación: concello de Bergondo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 7,377 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Bergondo, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no C.T. polígono de Bergondo n.º 1.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,027 km, con orixe en paso aero-subterráneo proxectado en apoio existente n.º 43-A-1-8 da L.M.T. BEG-705, onde se realiza o paso aero-subterráneo existente da L.M.T. a C.T. polígono de Bergondo n.º 5, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela de liña proxectada no C.T. polígono de Bergondo n.º 5.

– Adecuación centro de transformación non prefabricado polígono de Bergondo n.º 5, instalando un conxunto de celas modulares 4L+1P, telecontroladas con illamento SF6. Concello de Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña