Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non harmonizado, da contratación do servizo de limpeza do CPI As Revoltas, do concello de Cabana de Bergantiños.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-03/2012-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CPI especificado no encabezamento.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: no CPI As Revoltas, no concello de Cabana de Bergantiños.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de decembro de 2012 ata o 30 de novembro de 2014.

f) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 83.431,26 euros máis 15.017,63 euros que corresponden ao 18% do IVE, o que supón un importe total de 98.448,89 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17393

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación a presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 42) no mesmo día.

2.ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria