Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14829

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDCITO (3318/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións 3318/2011-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 810/2000, do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Paulo Jorge Almeida Alves contra a empresa Pizarras Sobradelo. S.A., sobre resolución de contrato, con data do 17 de novembro de 2011 se ditou a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do traballador contra a sentenza do 8 de abril de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, neste proceso sobre resolución de contrato, promovido polo recorrente contra a empresa Pizarras Sobradelo, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos ou sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial de la provincia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Pizarras Sobradelo, S.A, con último domicilio coñecido na Medula, Sobradelo de Valdeorras, 32300 Ourense, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado