Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14827

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3984-2011).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3984 /2011 desta sección, seguido por instancia de Gedson Pereira Nascimento contra a empresa Ocusan Construcciones, S.L., Conejos Gallegos Cogal, S.C. LTDA, M.ª Fátima Pererira Pazos, Daniel López Bugallo, Eladino José Pereira Rozas, Natalio García Carral, o Fogasa y o Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Gedson Pereira Nascimento, contra a sentenza de data 27 de maio do ano 2011, ditada polo Xulgado do Social número tres dos de Pontevedra, en proceso por despedimento promovido polo recorrente fronte á empresa Ocusan Construcciones, S.L. e outros debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552 debendo indicar no campo concepto, Recurso seguida do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións, Ocusan Construcciones, S.L., faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial