Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14831

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4825/2011 CRS).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4825/2011 desta sección, seguido por instancia de Juan Enrique Ameneiro Otero contra a empresa VAV Compañía de Producciones, S.L., e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Juan Enrique Ameneiro Otero, contra a sentenza do 30 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 desta capital, nos presentes autos sobre despedimento/cesión ilegal, tramitados por instancia do referido recorrente fronte ás empresas demandadas Atlas España, S.A., Atlas Galicia, S.L., Atlas Media, S.A.U., Voz Audiovisual, S.A., VAV Compañía de Producciones, S.L., y Estimar, Lavinia TV Audiovisual Multiplataforma, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Advírteselle ao destinatario, VAV Compañía de Producciones, S.L., que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenza ou emprazamento, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, Granada, co fin de que sirva de notificación en forma a VAV Compañía de Producciones, S.L., cuxo último domicilio coñecido foi r/ Ancha de la Virgen, 21, Granada, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deben revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial