Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4226/2011 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4226/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 178/2011 do Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Carolina Gallego Caamaño.

Avogado: Javier de Cominges Cáceres.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: Instituto Español de Oceanografía, Fogasa, Cobra Servicios Auxiliares, S.A., Bai Promoción de Congresos, S.A., Consorcio de Servicios, S.A., Ombuds Servicios, S.L., e o Ministerio Fiscal.

Avogado/a: letrado do Estado, Miriam Cabrera Martínez, Eva Guillen García, David Álvarez de Cienfuegos, A Coruña.

Procurador/a: r/ María Puga Cerdido, 4, entresollado, 15009 A Coruña; r/ Colquide, 6, Las Rozas, Madrid.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións número 4226/2011 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 178/2011 do Xulgado do Social número 4 de Vigo promovidos por Carolina Gallego Caamaño contra o Instituto Nacional de Oceanografía e outros, sobre despedimento, ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decido que estimamos en parte o recurso de suplicación formulado por Carolina Gallego Caamaño contra a sentenza ditada o 15.6.2011 polo Xulgado do Social número 4 de Vigo en autos número 178-11, sobre despedimento, contra o Instituto Español de Oceanografía, Consorcio de Servicios, S.A., Ombuds Servicios, S.L., Cobra Servicos Auxiliares, S.A. e Bai Promoción de Congresos, S.A., e con revogación parcial da devandita resolución acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, declaramos a existencia de cesión ilegal da demandante no Instituto Español de Oceanografía e improcedente o despedimento producido á demandante o 31.12.2010 e, despois de optar a demandante por integrarse no devandito instituto, condenámolo a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución opte entre readmitir a demandante en iguais condicións que rexían antes do despedimento ou indemnizala pola extinción do seu contrato de traballo na suma de cinco mil seiscentos setenta e catro euros con cincuenta céntimos de euro (5.674,50 €), así como a que lle aboe os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, ou ata que encontrase outro emprego, se tal colocación é anterior á devandita resolución e acredítase o percibido para o seu desconto dos citados salarios, todo iso sen prexuízo de que se poidan reclamar do Estado os salarios que excedan os sesenta días hábiles desde que se presentou a demanda ata esta resolución.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro, Bai Promoción de Congresos, S.A., que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Bai Promoción de Congresos, S.A., en ignorado domicilio, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial