Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1025/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1025/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1025/2009, sendo demandante Andrea Fernández Álvarez, representada polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandadas a empresa Obras y Servicios Obranor, S.L., así como a Administración Concursal de Obras y Servicios Obranor, S.L., e foi citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Andrea Fernández Álvarez contra a empresa Obras y Servicios Obranor, S.L. e contra a Administración Concursal de Obras y Servicios Obranor, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a aboarlle a Andrea Fernández Álvarez a cantidade de 1.451,18 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Obranor (Obras y Servicios, S.L.), expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial