Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1421/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de refuerzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1421/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1421/2009, sendo demandante Juan José Reyes Amenedo, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Aplicados y Cantería del Norte, S.L., e foi citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Juan José Reyes Amenedo contra a empresa Aplicados y Cantería del Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Juan José Reyes Amenedo a cantidade de 2.623,03 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Aplicados y Canteras del Norte, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial