Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1352/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1352/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1352/2009, sendo demandantes Eva Picallo Cernadas e María José Tercero Toribio, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Exclusive Seller, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Eva Picallo Cernadas e de María José Tercero Toribio contra a empresa Exclusive Seller, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Eva Picallo Cernadas a cantidade de 1.275,81 euros e a María José Tercero Toribio a suma de 1.482,08 euros que deben, cantidades, estas, que deberán incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que sirva de notificación a Exclusive Seller, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial